RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ponse en marcha con tres futbolistas á marxe do grupo

O Deportivo comezou esta mañá a preparar a visita ao Pontevedra CF prevista para este sábado 5 de decembro en Pasarón (17:00 horas, TVG).

Fernando Vázquez ten a tres futbolistas á marxe: Keko, Miku e Derik. Os tres realizaron un adestramento específico co readaptador Fran Molano.

Adri Castro, Juan Rodríguez e Alberto foron os fabrilistas que hoxe estiveron a traballar co primeiro equipo.

O técnico branquiazul dispuxo, após un circuíto físico, unha serie de exercicios tácticos no campo 2 e fútbol en espazo reducido para concluír, de alta intensidade.

Mañá xoves haberá un novo adestramento ás 10:30 en Abegondo.