RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ponse en marcha esta tarde cun adestramento de activación

Despois dunha fin de semana longa de descanso motivado polo parón da liga no subgrupo A da Segunda División B, o Deportivo púxose en marcha de novo hoxe luns pola tarde cunha sesión de activación de case hora e media de duración no céspede.

Con só Derik con adestramento específico no ximnasio, o cadro realizou un exercicio de forza; unha tarefa de finalizacións; e, para concluír, un partido a tres cuartas partes do campo 2.

Do mesmo xeito que o pasado venres, Miku alternou tarefas co grupo e outras co readaptador, Fran Molano.

Esta tarde, o fabrilista Adri Castro e o meta xuvenil Brais representaron a #ANOSACANTEIRA no primeiro equipo. O dianteiro coruñés retirouse antes aos vestiarios posto que onte foi titular no partido ligueiro do Fabril ante o Bergantiños CF en Abegondo.

Mañá martes, o Dépor continuará a partir das 11:00 horas a preparación da próxima cita ligueira, a visita do Pontevedra CF a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 7 de marzo ás 19:00 horas (TVG).