RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ponse en marcha na Cidade Deportiva do Córdoba

O Dépor mantén a rutina habitual os días de cada partido. Así, a 9 horas de saltar ao céspede do Arcángel (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), os 18 concentrados en Córdoba realizaron unha sesión de activación nun dos campos de herba natural da Cidade Deportiva do Córdoba CF.

Pouco despois das 10:45, os futbolistas branquiazuis realizaron durante 40 minutos desta fresca e nubrada mañá en Córdoba carreira continua, un suave quecemento físico e uns rondos; todo iso dirixido polo preparador físico Julio Hernando.

A presenza do Dépor alterou o ambiente de sábado na instalación deportiva branquiverde, sede de encontros de fútbol base. Moitos afeccionados cambiaron por uns minutos os partidos por seguir desde a bancada as evolucións dos discípulos de Natxo González e lograr o premio de fotografarse con eles camiño do autocar.

A mañá concluíu cunha sesión de vídeo xa no Hotel Tryp Córdoba, cuartel xeral do Dépor na cidade andaluza.