RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor prepara as súas armas en ABANCA-RIAZOR para visitar a un dos aspirantes

O Dépor prepara as súas armas en ABANCA-RIAZOR para visitar este domingo 24 de outubro en El Sardinero (12:00 horas, Footters), a un dos aspirantes, o Real Racing Club.

Borja Jiménez dispuxo un partido a todo o campo once contra once no que repartiu as consignas aos seus futbolistas para este encontro.

O técnico branquiazul intercambiou constantemente posicións e xogadores no ensaio xeral habitual de cada semana.

A xornada no céspede do estadio arrancou con traballo preventivo e un quecemento con rondos.

Tiveron adestramento específico Pablo Trigueros, Alberto Benito e Noel, titular onte en ABANCA-RIAZOR co Xuvenil A no histórico encontro da UEFA Youth League.

Ademais do citado Noel, os representantes de #ANOSACANTEIRA na sesión de hoxe xoves foron Trilli, Yeremay e Alberto.

O cadro branquiazul está citado de novo mañá venres 22 de outubro a 9:00 en Abegondo para un adestramento que arrancará ás 10:30 horas.