O Dépor prepara o seu plan para o Santiago Bernabéu
O Deportivo adestrouse esta mañá en Abegondo, nunha sesión fundamentalmente táctica, para o encontro deste sábado 10 de decembro no Estadio Santiago Bernabéu ante o Real Madrid (20.45, Bein Sports).
Tras un quecemento, Garitano traballou o xogo por bandas, con centros e remates; a defensa en inferioridade e as transicións; e, finalmente, un partido once para once no campo 2.
Os fabrilistas Óscar, Nacho Monsalve e Quique Fornos estiveron esta mañá co primeiro equipo.
Mañá venres, o equipo adestrarase de novo en Abegondo, a partir das 10.15 horas.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Venres 9 de decembro 10.15: Adestramento en Abegondo
Sábado 10 de decembro Real Madrid - Deportivo, no Santiago Bernabéu
Domingo 11 de decembro 10.30: Adestramento en Abegondo