RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor prepárase para un partido intenso ante o Athletic Club

Cristóbal Parralo é consciente da intensidade que pon aos seus partidos, desde o minuto 1 ao 90, o Athletic Club, rival do Dépor este domingo 26 de novembro no Estadio ABANCA-RIAZOR (12:00 horas, Bein LaLiga).

Por iso, esta mañá o primeiro equipo, cos fabrilistas Edu Expósito, Francis, Borja Galán e Martín Bengoa, realizou un traballo de alta intensidade, con duelos en espazo reducido, un circuíto físico de forza con finalizacións e, para concluír, un partido táctico a tres cuartas partes do campo 2, co técnico deportivista impartindo continuas instrucións.

Traballaron á marxe do grupo Fede Cartabia, hoxe cun adestramento específico; Sidnei, á espera de completar as súas probas médicas nos isquiotibiais da súa perna esquerda; Bakkali, que está pendente de como evolucionen as molestias que sufriu na Rosaleda no seu xemelgo esquerdo; e Juanfran. Estes dous últimos futbolistas adestráronse co readaptador, Fran Molano.

Retirouse ao vestiario antes que os seus compañeiros o fabrilista Edu Expósito, cunha escordadura de nocello.

Mañá xoves, o Dépor repetirá adestramento en Abegondo ás 10:30 horas.