RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor presenta o bus da Temporada 2018-2019 na Noite Meiga de San Xoán

O Real Club Deportivo unirase á gran noite e á gran festa da cidade da Coruña organizando o evento de presentación do deseño do seu bus oficial para a Temporada 2018-2019.

O acto celebrarase ás 23:00 horas na fonte dos surfeiros, fronte ao hotel Meliá María Pita, nun espectáculo que será conducido polos actores e presentadores Deportivistas Xosé Antonio Touriñán e Eva Iglesias.

Antes, desde as 21:00 horas e xusto despois do acto, ás 23:30, unha das zonas de maior confluencia de coruñeses e visitantes na Noite Meiga de San Xoán, será animada por DJ's para completar a festa do Dépor na noite de San Xoán.