Como é habitual dous días antes de cada partido, o Deportivo rebaixou esta mañá en Abegondo a intensidade do adestramento.
Así, tras unha sesión de vídeo e un quecemento, houbo ensaio de lanzamento de saques de esquina e faltas laterais. Todo iso por espazo de 60 minutos.
No vestiario, ximnasio, baño e masaxe puxeron o punto e final.
Mañá sábado, o equipo adestrarase en Abegondo, ás 10.30 horas.