RCD / NOVAS

O Dépor rebaixa a intensidade dun adestramento con Dubarbier presente na primeira parte

08/11/2018 14:27

A pouco máis de 48 horas do partido no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Real Oviedo, previsto para este sábado 10 de novembro (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), o Deportivo rebaixou esta mañá a intensidade do adestramento en Abegondo.

Así, con Sebastián Dubarbier co grupo na primeira parte, os futbolistas comezaron cun quecemento.

A continuación, Natxo González dividiu ao seu cadro, hoxe co fabrilista Álex Cobo, en dous grupos. Mentres un deses grupos practicaba automatismos de ataque, o outro grupo tiña fútbol-tenis.

Un exercicio de finalizacións e un repaso ás accións de estratexia puxeron o punto e final ao adestramento sobre o céspede.

Mañá venres, o equipo adestrarase en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada, a partir das 11:00 horas.

RCD / AXENDA

24 ABR

Mércores 11:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

25 ABR

Xoves 10:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Adestramento

A porta pechada

26 ABR

Venres 21:00 Nuevo Estadio de Los Pajaritos

Partido

Xornada36 CD Numancia - RC Deportivo

04 MAI

Sábado 18:00 Estadio de La Romareda

Partido

Xornada37 R. Zaragoza - RC Deportivo

12 MAI

Domingo Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada38 RC Deportivo - Cádiz CF