RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor rebaixou esta mañá a carga de traballo, xa con todos os internacionais

Coa presenza en Abegondo esta mañá de Celso Borges, Florin Andone, Costel Pantilimon e Fede Valverde, Cristóbal Parralo, técnico deportivista, xa ten aos internacionais branquiazuis á súa disposición. Todos eles adestráronse co grupo con normalidade; do mesmo xeito que Carles Gil e Adrián López. Así pois, a día de hoxe, só Juanfran está á marxe do grupo.

No adestramento desta mañá, Cristóbal rebaixou a carga de traballo nunha semana longa de sesións. Así, o cadro divertiuse con xogos técnicos e rondos.

Traballaron esta mañá co primeiro equipo os fabrilistas Edu Expósito, Francis e Blas.

Mañá venres 17 de novembro está prevista unha nova sesión, a partir das 10:30 horas en Abegondo.