RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor reflexiona coas botas postas

O Deportivo, incluído o meta fabrilista Álex Cobo, regresou en Abegondo aos adestramentos, nunha sesión máis intensa para os futbolistas que non actuaron de inicio ante o CD Numancia en ABANCA-RIAZOR.

Para este grupo de xogadores houbo un circuíto de forza con finalizacións e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade. Todo iso no campo 3 do complexo branquiazul.

Os titulares realizaron unicamente no céspede a primeira parte do traballo, é dicir, un quecemento con fútbol-tenis. Vicente Gómez e Pablo Marí nin saltaron ao campo. Todos eles pasáronse polo ximnasio, a padiola de masaxe e a zona de augas da Cidade Deportiva, en tarefas de recuperación.

Adestráronse co readaptador David Simón e Fede Cartabia; mentres que quedaron cos fisioterapeutas e no ximnasio Carlos Fernández; Diego Caballo, cunha contusión nun pé; e Gerard Valentín, cun golpe nunha coxa.

Mañá luns haberá xornada de descanso. O primeiro equipo volve á actividade o martes 11 de decembro ás 11:00 en Abegondo.