RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor regresa ao céspede cun intenso adestramento físico

O primeiro equipo comezou a preparar hoxe martes 23 de outubro a visita do CF Reus Deportivo ao Estadio ABANCA-RIAZOR, prevista para este sábado 27 de outubro (16:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), correspondente á 11ª xornada.

Após media hora de charla no vestiario, os futbolistas saltaron ao céspede ás 11:30 horas dunha asollada mañá na Cidade Deportiva.

Despois dun quecemento e un traballo preventivo, o cadro, hoxe tamén co meta fabrilista Pedro López, realizou un circuíto físico con finalizacións, de alta intensidade.

A continuación, Natxo González tomou as rendas para un traballo de conservación de balón no campo 2.

Quedaron no ximnasio os 'tocados' Krohn-Dehli e Dubarbier; mentres que Fede Cartabia saltou ao céspede co readaptador, Fran Molano.

Mañá mércores, os futbolistas están citados de novo en Abegondo ás 11:00 horas.