RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor regresa ao traballo cunha sesión en 2 grupos

O Deportivo regresou esta mañá aos adestramentos despois de gozar onte mércores do primeiro día de descanso desde o reinicio da competición en LaLiga SmartBank.

Fernando Vázquez, a dous días de recibir en ABANCA-RIAZOR á SD Ponferradina, o sábado 27 de xuño (17:00 horas, Movistar LaLiga), dividiu ao seu cadro en dous grupos.

Os titulares en Elxe tiveron unha mañá de recuperación, con ximnasio, un traballo coas bicicletas cedidas por Coruña Sport Centre e paso pola padiola dos fisioterapeutas.

Para Gaku, Vicente, Luis Ruiz e o resto do cadro a sesión foi de alta intensidade, cun quecemento, rondos, finalizacións e un partido a metade de campo 2, en espazo reducido.

Tiveron adestramento específico Emre Çolak, Salva Ruiz e Peru Nolaskoain.

Mañá venres, o Dépor adestrarase de novo ás 11:00 en Abegondo. Ao concluír, Fernando Vázquez dará a lista de convocados para o encontro ante o conxunto berciano.