RCD / NOVAS

O Dépor regresa ao traballo o martes ás 10:30 en Abegondo

14/02/2020 23:55

Finalizado o encontro ante o Girona FC en ABANCA-RIAZOR, o Deportivo regresa aos adestramentos o vindeiro martes 18 de febreiro ás 10:30 horas en Abegondo.

A fin de semana será pois de descanso para o cadro deportivista e para recargar pilas de cara ao encontro do próximo domingo 23 de febreiro en La Romareda ante o Real Zaragoza (16:00 horas, #Vamos).