RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor regresa aos adestramentos con Somma no traballo grupal

O Deportivo comezou esta tarde os adestramentos previos á visita do Elche CF a ABANCA-RIAZOR, prevista para o domingo 10 de novembro (12:00 horas, Movistar A liga).

Luis César dividiu ao seu cadro en 2 grupos. Os titulares o pasado sábado en Fuenlabrada, excepto Samuele Longo, tiveron unha tarde de recuperación, con carreira continua, rondos, progresións e ximnasio.

O dianteiro italiano, a pesar de estar no once de Fuenlabrada, uniuse ao grupo de futbolistas que non actuaron de inicio ante o cadro madrileño, hoxe con dúas novidades máis: Michele Somma e o porteiro xuvenil Alberto.

Somma, tal e como vaticinou Luis César na rolda de prensa do pasado venres, incorporouse ao traballo de grupo, superada a súa lesión de xeonllo. O central completou con éxito boa parte da sesión, consistente nun roldo, un exercicio de posesión, un circuíto físico con finalizacións e retirouse sen participar nos partidos en espazo reducido que puxeron o punto e final ao adestramento.

Tiveron tarefa específica Dani Giménez, Borja Valle, David Simón e Luis Ruiz.

Mañá martes, os futbolistas terán a partir das 11:00 horas unha sesión única e exclusivamente no ximnasio. Así pois, non haberá actividade no céspede.