RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor regresa aos adestramentos xa centrado no Real Madrid

O Deportivo retomou esta mañá os adestramentos na Cidade Deportiva de Abegondo após o día de descanso de onte luns.

O cadro, con case unha semana de traballo por diante, está centrado xa na visita ao Real Madrid, prevista para este domingo 21 de xaneiro (16:15 horas, Bein LaLiga) no Estadio Santiago Bernabéu, en partido correspondente á 20ª xornada de LaLiga Santander.

Adestráronse esta mañá co primeiro equipo os fabrilistas Francis, One e Edu Expósito. Estiveron hoxe á marxe do grupo Fede Cartabia e Raúl Albentosa, afectado dunhas molestias dorsais.

A sesión de hoxe, após un quecemento, consistiu principalmente nun exercicio de posesión e un partido once contra once a tres cuartas partes do campo 2 da Cidade Deportiva. Os técnicos branquiazuis reduciron a duración do traballo sobre o céspede, dado que aínda hai por diante catro adestramentos máis antes do choque fronte ao equipo merengue.

Mañá mércores, os futbolistas están citados ás 11:00 horas en Abegondo.