RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor regresa por estrada e comeza as súas vacacións

O Deportivo regresa por estrada á Coruña esta mesma tarde desde o Estadio dos Pajaritos de Soria.

Conseguido o obxectivo de clasificarse para a Primeira RFEF, que non era o principal, o cadro branquiazul comeza as súas vacacións.

Os futbolistas márchanse sen data concreta de regreso, que estará en función da configuración definitiva do grupo da temporada próxima e do calendario de competición. "Isto terá que ser xestionado cos xogadores, co cadro. É cuestión de afinar e ir xogando con todo ese período. É longo, unha diferenza importante respecto doutras temporadas e máis agora onde tampouco hai moito coñecemento de cando se empeza, como se termina, a configuración dos grupos. A todo iso hai que estar atento", apuntou Rubén de la Barrera en rolda de prensa nos Pajaritos.