RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor regresou aos adestramentos con 9 ausencias sobre o céspede

Nove xogadores non saltaron esta mañá ao céspede da cidade deportiva de Abegondo, no regreso aos adestramentos do Deportivo despois do choque ante o Celta.

Así, Fayçal, Borges, Emre Çolak e Kakuta están de viaxe á concentración dos seus respectivos equipos nacionais.

Por outra banda, Lux, Mosquera, Arribas e Juanfran realizaron un traballo de recuperación no ximnasio e cos fisioterapeutas, no vestiario da cidade deportiva. Sidnei, pola súa banda, continuou o seu proceso de readaptación física ás ordes de Fran Molano.

Os demais titulares onte en #ONOSODERBI adestráronse a menor intensidade, e só realizaron no campo un circuíto físico preventivo e un traballo de técnico con balón.

Para os demais (Fernando Navarro, Roef, Tytoń, Marlos Moreno, Guilherme, Andone, Carles Gil, Laure e Ola John) o adestramento foi de alta intensidade.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O equipo adestrarase de novo en Abegondo o mércores ás 10:30 horas.