RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor regresou aos adestramentos hoxe coa incorporación do meta xuvenil Brais

O Dépor arrincou hoxe luns a semana de adestramento en Abegondo, co cadro dividido en 3 grupos, tal e como establece o protocolo de LaLiga na súa Fase 3.

A sesión foi só matinal, ás 09:30, 10:40 e 11:45 horas. A novidade foi a incorporación do meta xuvenil Brais, que esta temporada militou no Xuvenil B de Liga Nacional. Únese aos dous porteiros do primeiro equipo, Dani Giménez e Jovanović; e aos canteiráns Álex Cobo e Alberto.

Fernando Vázquez, técnico deportivista, alternou, baixo un sol de xustiza, tarefas físicas con exercicios con balón (rondos, partido en espazo reducido...)

Un traballo de potencia aeróbica puxo o punto e final ao adestramento sobre o céspede.

Adestráronse á marxe do grupo Eneko Bóveda e Mujaid; posto que Valín e Juan Rodríguez incorporáronse aos seus respectivos grupos.

Mañá martes hai dobre quenda de traballo para os 3 grupos: 09:30, 10:40 e 11:45 pola mañá; e 17:30, 18:45 e 20:00 horas pola tarde.