RCD / NOVAS

O Dépor regresou esta mañá aos adestramentos xa sen Celso Borges

15/05/2018 15:32

O Deportivo, co central xuvenil Mujaid, regresou esta mañá aos adestramentos no Estadio ABANCA-RIAZOR, para preparar o encontro en Mestalla ante o Valencia do domingo 20 de maio (12:00 horas, Bein LaLiga), correspondente á 38ª e última xornada de LaLiga Santander.

Non está xa Celso Borges, que se incorporou á concentración da Selección de Costa Rica co obxecto de preparar o Mundial de Rusia.

Adestráronse á marxe do grupo os 'tocados' Sidnei, Bóveda, Andone, Fede Cartabia e Carles Gil.

Para os demais houbo uns rondos, un exercicio de posesión e, para concluír no céspede, un partido a metade de campo.

Mañá mércores, o cadro está citado ás 12:00 horas en Abegondo para un novo adestramento.

RCD / AXENDA

16 XAN

Mércores 11:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

17 XAN

Xoves 11:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

18 XAN

Venres 11:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

19 XAN

Sábado 11:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

20 XAN

Domingo 18:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada22 RC Deportivo - Albacete BP