RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor repasa a estratexia

A circunstancia de xogar o luns 23 de outubro no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Girona (21:00 horas, Gol), despois de facelo o pasado domingo 15 de outubro en Ipurua, alterou as rutinas semanais de adestramento do primeiro equipo.

Con oito días de separación entre un encontro e outro, Pepe Mel e o seu corpo técnico decidiron romper a semana tan larga cun día de descanso, o do pasado xoves.

Por conseguinte, hoxe sábado, a 48 horas do choque ante o conxunto catalán pero cun día de descanso entre semana, o Deportivo impúxose máis tarefas á parte das habituais de recuperación.

Así, tras un quecemento e uns rondos, o cadro, cos canteiráns Francis e Edu Expósito, realizou un partido once contra once; e repasou as accións a balón parado, esas que poden decidir un partido en calquera momento.

Mañá domingo, o primeiro equipo adestrarase no Estadio ABANCA-RIAZOR, nunha sesión a porta pechada que comezará ás 11:00 horas.