RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor repón forzas e recárgase de optimismo

O Deportivo tivo esta mañá en Abegondo unha sesión destinada a repor forzas, como é habitual sempre dous días antes de cada partido, neste caso o do Extremadura UD en ABANCA-RIAZOR, previsto para o domingo 21 de abril (16:00horas, LaLiga 1|2|3 TV).

José Luis Martí, técnico deportivista, rebaixou a intensidade do traballo e só dedicou os primeiros 15 minutos a un rápido repaso a accións a balón parado.

A continuación, no campo 3, o cadro recargouse de optimismo e alegría con rondos e unha serie de xogos con balón, nos que a diversión e os sorrisos foron a tónica dominante entre os xogadores.

Mañá sábado, o cadro está citada en ABANCA-RIAZOR para un adestramento a porta pechada que arrincará ás 11:00 horas.