RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Dépor, representado por dous equipos no Memorial Abel, en Rianxo

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA, Alevín A e Benxamín B, participan esta fin de semana no cuarto torneo de fútbol base Memorial Abel, competición organizada polo Club Deportivo Unión de Rianxo.

Así, o Alevín A quedou encadrado no grupo B, co Lugo, Boiro e Aguiño. A competición nesta categoría será o domingo 21 de maio, con este calendario:

Primeira Fase
11:15: ALEVÍN A - LUGO (campo 1)
13:45: ALEVÍN A - AGUIÑO (campo 1)
15:50: ALEVÍN A - BOIRO (campo 1)

Os dous primeiros pasan a cuartos de final, que se xogan a continuación.

Pola súa banda, o Benjamín B xoga o sábado 20 de maio. O conxunto deportivista terá como primeiros rivais ao Riveira e ao Taragoña.

O seu calendario é o seguinte:

Primeira Fase
11:25: BENJAMÍN B - TARAGOÑA
12:40: BENJAMÍN B - RIVEIRA

Segundo clasificación, os equipos pasan a unha Segunda Fase, da que sairán posteriormente os semifinalistas, todo iso a continuación.

O Alevín B arranca mañá venres no campo do Couto o Torneo 'Ourense a provincia termal'

O Alevín B do Deportivo, que se proclamou recentemente campión do grupo 1º da Segunda Fase, competirá desde mañá venres no torneo de fútbol oito 'Ourense a provincia termal', no Estadio do Couto (Ourense).

O conxunto deportivista que prepara Jorge Castro quedou encadrado no grupo B, co ED Ourense e o Sporting Braga como rivais.

O calendario de partidos é o seguinte:

Venres 19 de maio
16:45: ED OURENSE - ALEVÍN B
18:15: ALEVÍN B - SPORTING BRAGA

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan xa o domingo 21 de maio pola mañá.

O Infantil A participa no trofeo AB Energía, en Zaragoza

O Infantil A do Deportivo, campión xa do grupo 1º da Liga Galega, participa esta próxima fin de semana na novena edición do Torneo AB Energía, no Centro Deportivo Puente de Santiago, complexo adscrito á Federación Aragonesa de Fútbol.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo 2, co Espanyol, Valencia e Athletic Club.

O calendario do Infantil A é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 20 de maio
9:00: ESPANYOL - INFANTIL A (Estadio Pedro Sancho)
11:00: VALENCIA - INFANTIL A (Estadio Pedro Sancho)
13:00: ATHLETIC CLUB - INFANTIL A (campo 3)

Os dous primeiros de grupo xogarán as semifinais; mentres que os outros dous equipos pasan a unha Fase de Consolación, para ditaminar a posición final.

O Infantil B, ao primeiro Torneo Infantil do CD Lugo

O Infantil B, campión do grupo 1º da Primeira Autonómica, compite este sábado 20 de maio na primeira edición do Torneo Infantil CD Lugo, que se xoga no campo lucense das Gándaras.

O conxunto deportivista que prepara Iván Vázquez quedou encadrado no grupo B, co UD Santa Mariña, Ourense CF e un rival da Fase Previa.

O calendario de partidos é o seguinte:

Primeira Fase
10:30: INFANTIL B - SANTA MARIÑA (campo 2)
12:45: INFANTIL B - GAÑADOR DA FASE PREVIA (campo 1)
15:45: INFANTIL B - OURENSE CF (campo 1)

Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que se disputan xa pola tarde.