RCD / NOVAS

O Dépor retoma os adestramentos coa presenza de Guilherme e Krohn-Dehli no grupo

12/03/2018 21:28

O Deportivo comezou esta tarde a preparar o próximo partido ligueiro, a visita da UD Las Palmas ao Estadio ABANCA-RIAZOR este sábado 17 de marzo (13:00 horas, Bein LaLiga), en partido correspondente á 29ª xornada de LaLiga Santander.

A sesión foi de apenas unha hora e cuarto de duración, con diversas tarefas de fútbol no campo 2 da Cidade Deportiva.

Adestráronse co grupo Guilherme e Krohn-Dehli, ambos aínda de baixa médica; e á marxe Fede Valverde, Luisinho, Fede Cartabia e Eneko Bóveda.

Nesta ocasión, os fabrilistas Gaizka e Lucas estiveron ás ordes de Clarence Seedorf.

Mañá martes 13 de marzo haberá dobre quenda. Pola mañá os futbolistas traballarán por grupos (defensas, atacantes e centrocampistas) desde as 12:00 horas, nunha sesión a porta pechada na Cidade Deportiva de media hora de duración para cada grupo. Todo o cadro reunirase pola tarde a partir das 18:00 horas.

RCD / AXENDA

24 SET

Luns 21:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada6 RC Deportivo - Granada CF

30 SET

Domingo 20:30 Nou estadi

Partido

Xornada7 Nàstic - RC Deportivo

07 OUT

Domingo 18:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada8 RC Deportivo - Málaga CF

12 OUT

Venres 21:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada9 RC Deportivo - Elche CF

20 OUT

Sábado 20:00 Estadio Municipal "Nuevo Arcángel"

Partido

Xornada10 Córdoba CF - RC Deportivo