RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor sofre a derrota máis dolorosa da tempada (4-0)

O Deportivo caeu estrepitosamente na primeira visita da súa historia a Leganés, nun partido no que se repetiu a historia duns cuantos encontros esta temporada, ao marcar o adversario nos seus dous primeiros disparos á portería herculina.

O adestrador branquiazul, Gaizka Garitano, realizou un cambio por liña con respecto ao partido da pasada xornada, en Riazor fronte ao Alavés. En defensa, Fernando Navarro supliu a Luisinho. Na medular, Pedro Mosquera fixo o propio co lesionado Celso Borges. Na liña de tres cuartos, Carles Gil substituíu a Bruno Gama. En punta, Joselu ocupou a posición de Florin Andone.

O Dépor chegou á área pepinera nos primeiros minutos nun par de ocasións. Primeiro nun centro-chute de Carles Gil e despois nunha fenomenal acción de Gaël Kakuta, que acabou metendo un balón en profundidade a Joselu, que non puido adiantarse ao meta local por moi pouco.

No minuto 8, produciuse a primeira oportunidade clara para o Dépor. Kakuta, moi activo nos compases iniciais, non puido bater a Iago Herrerín nun cabezazo de socato, ao bordo da área pequena, a centro de Juanfran. O porteiro do equipo madrileño rexeitou como puido e o extremo francés non puido remachar o balón solto.

Dez minutos despois, adiantouse o Leganés, no seu primeiro achegamento á área deportivista. Un centro desde a dereita de Nabil El Zhar rematouno Alexander Szymanowski ao primeiro toque, practicamente sen mirar, lonxe do alcance dun Germán Lux que só puido mirar como o balón introducíase preto do vértice superior dereito da súa portería.

E no seu segundo achegamento, cando se cumpría a media hora de xogo, Martín Mantovani cabeceaba ao fondo das mallas un córner botado desde a esquerda do ataque pepinero. Con dous tiros a porta en trinta minutos, o Leganés poñía moitísima terra polo medio.

O Dépor tratou de reaccionar, aínda que non chegou a incordiar a Herrerín. O Leganés si estivo preto de facer o 3-0, nunha cabezada franca de Szymanowski que impactou mal coa súa fronte no balón.

Gaizka Garitano buscou a reacción no intermedio. O preparador deportivista realizou dúas substitucións. Luisinho entrou por Kakuta e Andone fixo o propio con Pedro Mosquera, pasando o equipo herculino a xogar cun debuxo 4-4-2.

Ao cuarto de hora da segunda metade, un contragolpe do Leganés acabou co esférico no traveseiro, tras desviar Lux o potente remate de Dimitrios Siovas.

Poucos minutos despois, desapareceu practicamente calquera posibilidade de sacar algo positivo de Butaque, ao ver o cartón vermello directo Raúl Albentosa.

Para finiquitar o partido, o Leganés anotou o 3-0, nunha veloz chegada pola banda dereita que acabou remachando Unai López. E xa, no tempo engadido, Alberto Bueno marcou o 4-0 definitivo.

CD Leganés: Herrerín, Tito, Mantovani, Siovas, Diego Rico, Rubén Pérez, Erik Morán (Unai López, min. 72), El Zhar (Bueno, min. 86), Gabriel, Szymanowski e Guerrero (Samu García, min. 77).

RC Deportivo: Lux, Juanfran, Albentosa, Sidnei, Fernando Navarro, Guilherme, Pedro Mosquera (Andone, min. 46), Carles Gil (Fayçal Fajr, min. 69), Emre Çolak, Kakuta (Luisinho, min. 46) e Joselu.

Goles: 1-0 Szymanowski (min. 19); 2-0 Mantovani (min. 30); 3-0 Unai López (min. 81); 4-0 Bueno (min. 90+1).

Árbitro: Munuera Montero (c. andaluz). Expulsou a Albentosa (min. 62) con cartón vermello directo. Cartón amarelo a Lux (min. 63), Erik Morán (min. 66), Andone (min. 69), Guerrero (min. 69), Guilherme (min. 75), Fernando Navarro (min. 78) e Joselu (min. 90).

Incidencias: partido correspondente á 24ª jornada de LaLiga Santander disputado no estadio de Butarque ante 10.076 espectadores, entre eles uns 200 siareiros deportivistas.