RCD / NOVAS

O Dépor supera os 23.500 socios e o total da pasada temporada

26/02/2020 19:46

Cos socios que renovaron e déronse de alta nas últimas horas, en vésperas do Dépor-Lugo do domingo, o Real Club Deportivo supera a barreira dos 23.500 abonados. Concretamente, o Club conta a día de hoxe con 23.510 socios, 19 máis que ao peche da pasada temporada.

Esta cifra, que aínda podería ser superior ao peche da campaña, é a sexta máis alta dos últimos 15 anos:

2004-2005 21.534
2005-2006 20.745
2006-2007 18.395
2007-2008 16.124
2008-2009 16.773
2009-2010 16.314
2010-2011 15.494
2011-2012 21.602
2012-2013 23.781
2013-2014 20.641
2014-2015 24.434
2015-2016 26.149
2016-2017 26.510
2017-2018 27.358
2018-2019 23.491
2019-2020 23.510