RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Táctica e estratexia no plan vespertino do Dépor

Juan Antonio Anquela dedicou o adestramento desta tarde do Deportivo en Abegondo a un exercicio táctico e repaso de accións a balón parado por grupos.

Así pois, os técnicos baixaron a carga de traballo despois dunha mañá esixente desde o punto de vista físico.

Cos canteiráns Iñigo e Alberto no grupo, só estiveron esta tarde á marxe David Simón e Pedro Sánchez.

O Dépor tamén adestra a cohesión grupal

Sen concentración de pretemporada este verán, os técnicos do Deportivo, con Juan Antonio Anquela á cabeza, afánanse cada día en cohesionar ao grupo a través de tarefas.

Esta mañá, Marcos Marcén, preparador físico, dispuxo ao comezo unha serie de xogos que fomentan o compañeirismo e a diversión, sempre a través do traballo e o esforzo solidario.

A mañá continuou con rondos; traballo táctico e un circuíto de forza por grupos; e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade, no que non participou Dani Giménez, de acordo á planificación dos Servizos Médicos.

David Simón adestrouse co readaptador Fran Molano; ao que se uniu Vicente Gómez após unha primeira parte co grupo.

Esta mañá, Pedro Sánchez realizou un traballo específico no ximnasio. Estiveron ás ordes de Anquela o fabrilista Iñigo e o meta xuvenil Alberto.

Mañá mércores, día fixado para o primeiro amigable desta pretemporada, ante o Fabril ás 18:30 horas, o equipo adestrarase antes ás 10:00 na Cidade Deportiva.