RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor toma contacto co céspede do Estadio ABANCA-RIAZOR

O Deportivo tomou de novo contacto hoxe domingo co céspede do Estadio ABANCA-RIAZOR, de cara ao choque de mañá luns 24 de setembro ante o Granada CF (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), correspondente á 6ª xornada de LaLiga 1|2|3.

Con Borja Valle, Diego Caballo e Dubarbier á marxe do grupo, os futbolistas, após un quecemento, disputaron un partido ao ancho do campo. Un ensaio de automatismos de ataque e repaso ás accións de estratexia, esta mañá lanzamentos de falta, completaron o traballo sobre o céspede.

Mañá luns, o cadro está citado ás 11:00 horas en Abegondo. Ao finalizar, Natxo González dará a lista de convocados para o partido ante o conxunto andaluz. Os citados concentraranse ao mediodía no Hotel Meliá María Pita á espera do encontro.