RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor traballa a eficiencia en ataque

O Deportivo traballou esta mañá en Abegondo nunha sesión na que Natxo González fixo especial fincapé na eficiencia en ataque, de cara ao encontro deste luns 24 de setembro no Estadio ABANCA-RIAZOR ante a Granada (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV), correspondente á 6ª xornada de LaLiga 1|2|3.

Após unha sesión de vídeo de 40 minutos, o técnico deportivista dispuxo dun exercicio de remates a portería, un traballo táctico ofensivo e, para concluír, ensaio de accións a balón parado, hoxe centrado en sáquelos de banda e posterior transición en ataque.

Mañá domingo 23 de setembro, o cadro está citada ás 11:00 no estadio ABANCA-RIAZOR para realizar unha sesión a porta pechada.