RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor traballa a presión e a estratexia en accións ofensivas e defensivas

Nova sesión táctica do Deportivo esta mañá, de cara ao comezo de LaLiga Santander, este domingo 20 de agosto (22:15 horas, Movistar Partidazo) no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Real Madrid.

Pepe Mel incidiu esta mañá en conceptos como a saída de balón, a presión e as accións a balón parado, tanto en ataque como en defensa.

Con Andone traballando con normalidade, adestráronse tamén co primeiro equipo os fabrilistas Óscar, Edu Expósito e Francis. Estivo á marxe do grupo Carles Gil e Juan Domínguez, este con permiso.

Mañá venres, o equipo volve á Cidade Deportiva de Abegondo, nun adestramento que arrincará ás 10:30 horas.