RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor traballou hoxe a faceta defensiva

Unha semana sen fútbol ligueiro, como esta, permite ao adestrador facer cada día especial fincapé en aspectos do xogo do equipo que hai que mellorar de cara á seguinte cita oficial.

Iso sucede no Dépor, cuxo seguinte partido será a fin de semana do 6 e 7 de marzo ante o Pontevedra CF en ABANCA-RIAZOR.

Esta mañá, na segunda das sesións previstas para esta semana, Rubén de la Barrera centrouse na faceta defensiva cun traballo específico no campo 2.

Unha tarefa de posesión e un partido a metade de campo, no que xa non participou Derik tal e como estaba previsto polos Servizos Médicos, completaron o adestramento.

Só Miku adestrouse á marxe do grupo, supervisado polo readaptador Fran Molano. Esta mañá, os xuvenís Brais e Dani Barcia estiveron ás ordes de Rubén de la Barrera.

Mañá xoves 25 de febreiro, os futbolistas saltarán ao céspede de Abegondo a partir das 11:00 horas.