RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor traza en ABANCA-RIAZOR o plan de partido para recibir ao Racing de Ferrol

Fernando Vázquez deseñou esta mañá en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada, o plan de partido para medirse ao Racing de Ferrol este domingo 29 de novembro (19:00 horas, TVG).

O técnico deportivista contou con todo o seu cadro salvo os lesionados Derik e Miku; e Keko, hoxe con adestramento específico no ximnasio. Ademais, os canteiráns Adri Castro, Juan Rodríguez, Pablo Brea, Sarmiento e Trilli estiveron hoxe co primeiro equipo.

Unha serie de partidos once contra once a todo o campo foi a tarefa principal da xornada. Fernando Vázquez impartiu constantes instrucións aos seus futbolistas e detivo en repetidas ocasións o xogo, como adoita ser habitual.

Mañá venres o Dépor regresa a Abegondo para un adestramento que arrancará ás 10:30 horas.