RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Dépor venceu ao San Tirso SD no partido inaugural da recentemente creada División de Honra

O Deportivo venceu (4-0) na Cidade Deportiva ao San Tirso SD no arranque da recentemente creada División de Honra infantil. Os goles branquiazuis foron obra de Mauro, Nico, Antón e Íker.

O triunfo deportivista nesta cita inaugural cimentouse nun gran inicio de partido, con dous goles no primeiros dez minutos de xogo.

Ademais de ambos os equipos, integran a categoría o RC Celta, CD Lugo, ED Val Miñor, CD Conxo Santiago, Ural Español CF, Victoria FC, CD Areosa, Cidade de Ribeira CF, Bergantiños CF, Pabellón Ourense CF, Arosa SC, EF Denis Suárez, UD Santa Mariña e EF Portero 2000.

O formato de competición é de liga todos contra todos a dobre volta. O catro primeiros clasificados xogarán a Fase Final mentres que o tres últimos perderán a categoría.

Deportivo: Gabri, Joaquín, Joel, Samba, Mateo, Xoel, Roi, Mauro, Casuso, Nico e Antón. Tamén xogaron: Yago, Adrián, Íker e Iago Vázquez.

San Tirso SD Infantil: Lucas López, Guille, Nikolay, Ander, Iago Varela, Lucas Vázquez, Alberto, Raúl, Daniel, Sergio e Roi Castro. Tamén xogaron: Javi Seoane, Álex Martínez, José Quiroga e Gabriel Abruñedo.

A próxima semana, o Deportivo visita ao Pabellón Ourense CF e o San Tirso SD Infantil recibe en O Monte ao EF Portero 2000.