RCD / NOVAS

O Dépor viaxa a Vilarreal o domingo 14 de maio, día do partido no Estadio de la Cerámica

09/05/2017 13:24

O Deportivo desprázase a Vilarreal, vía Valencia, o mesmo domingo 14 de maio, día do partido no Estadio de la Cerámica ante o equipo amarelo (20:00 horas).

O plan de viaxe do conxunto deportivista é o seguinte:

Domingo 14 de maio
10:00: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino ao Aeroporto de Valencia
11:15: Chegada aproximada a Valencia e traslado en autocar ao hotel Villarreal Palace de Vilarreal
20:00: Villarreal - Deportivo, no Estadio de la Cerámica
Ao finalizar, traslado ao Aeroporto de Valencia

Luns 15 de maio
00:10: Saída do voo do Aeroporto de Valencia con destino Santiago
1:30: Chegada aproximada a Santiago