RCD / NOVAS

O Dépor viaxa mañá a Cataluña con 18 futbolistas para medirse ao Nàstic

28/09/2018 13:53

Ao finalizar o adestramento desta mañá, Natxo González citou a 18 futbolistas para medirse este domingo 30 de setembro ao Nàstic no Nou Estadi de Tarragona (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), en partido correspondente á 7ª xornada de LaLiga 1|2|3.

Quedan fóra da convocatoria de maneira forzosa os lesionados: Borja Valle, Diego Caballo e Dubarbier.

Como é habitual 2 días antes de cada partido, os técnicos rebaixaron esta mañá a intensidade do adestramento.

Así, os futbolistas branquiazuis, hoxe co meta fabrilista Pedro López, arrancaron a mañá con fútbol-tenis. A continuación, Natxo González dispuxo un exercicio de automatismos de ataque e, para concluír, ensaio de accións a balón parado, neste caso saques de esquina e faltas laterais.

Os 18 futbolistas convocados desprázanse mañá sábado á primeira hora da mañá a Reus, vía Barcelona, cuartel xeral do Dépor en Cataluña. Precisamente na Cidade Deportiva do CF Reus, o equipo realizará pola tarde a sesión previa ao choque ante o Nàstic.

O plan de viaxe é o seguinte:

Sábado 29 setembro
10:15: Saída do voo de Santiago con destino ao Aeroporto de Barcelona
11:55: Chegada aproximada a Barcelona e traslado en autocar a Reus
12:30: Chegada aproximada ao Hotel NH Ciutat Reus
18:30 (pendente de confirmación): Adestramento na Cidade Deportiva do Reus

Domingo 30 setembro
20:30: Nàstic - Deportivo, no Nou Estadi de Tarragona
Ao finalizar, traslado en autocar ao hotel Tryp Barcelona

Luns 1 de outubro
9:25: Saída do voo de Barcelona con destino ao Aeroporto da Coruña
11:10: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña e traslado á Cidade Deportiva de Abegondo para adestrar