RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor viaxa mañá venres a Málaga con 21 futbolistas

O Dépor viaxa mañá venres pola mañá a Málaga (11:30 horas) con 21 futbolistas, entre eles a meta fabrilista Álex Cobo, para disputar este sábado 15 de xuño (21:00 horas, Movistar Partidazo) ante o Málaga CF na Rosaleda o partido de volta das semifinais polo ascenso a LaLiga Santander.

Quedan na Coruña 'tocados' Pablo Marí, Krohn-Dehli e Vítor Silva.

Pola tarde, os futbolistas desprazados á cidade andaluza realizarán unha nova sesión de adestramento.

A sesión de hoxe en Abegondo foi de recuperación para os titulares onte á noite en ABANCA-RIAZOR, con ximnasio e tratamento de fisioterapia.

Para os demais, José Luis Martí dispuxo duns rondos, un exercicio de posesión, unha tarefa de finalizacións e, para concluír, fútbol en espazo reducido.

Os fabrilistas Gandoy, Mujaid, Víctor, Valín, Montiel, Álex Cobo e Ricardo Benjamim adestráronse hoxe co primeiro equipo.

O regreso á Coruña será unha vez concluído o encontro na Rosaleda.