RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor visitará El Sardinero o sábado 26 de outubro ás 18:00 horas

LaLiga fixo públicos os horarios da 13ª xornada de LaLiga SmartBank 2019-2020.

O Deportivo volverá pisar o céspede de El Sardinero case 9 anos despois, xa que a última vez que Deportivo e Racing coincidiron na mesma categoría foi na campaña 2010-2011. O encontro disputarase o sábado 26 de outubro a partir das 18:00 horas, televisado por Movistar LaLiga.

Estes son os horarios confirmados dos partidos do Deportivo:

Xornada 11, domingo 13 de outubro, 21:00 horas, Estadio Gran Canaria: Las Palmas - Dépor (#Vamos)

Xornada 12, domingo 20 de outubro, 16:00 horas, ABANCA-RIAZOR: Dépor - Málaga (#Vamos)

Xornada 13, sábado 26 de outubro, 18:00 horas, El Sardinero: Real Racing Club - Dépor (Movistar LaLiga)