RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor volve ao céspede e Valín comeza a facer tarefas co grupo

Jorge Valín foi o gran protagonista hoxe martes en Abegondo, na volta ao traballo do Dépor de cara á visita do CD Badajoz a ABANCA-RIAZOR deste sábado 18 de setembro (19:00 horas, Footters).

O lateral coruñés realizou xa o quecemento co grupo, no que significa un paso máis na súa recuperación. A continuación, e acompañado por Juan Carlos Menudo, completou a xornada co readaptador, Álex Canosa.

Os únicos que hoxe non saltaron ao céspede, con fisioterapia e ximnasio, foron Jaime e Trilli.

Borja Jiménez dispuxo un circuíto de forza e fútbol con porterías pequenas en dous grupos; un partido a metade de campo 2; e, finalmente, un torneo de fútbol reducido, de alta intensidade.

Noel, Yeremay e Alberto foron a representación de #ANOSACANTEIRA na sesión de hoxe.

Mañá mércores 15 de setembro o Dépor saltará ao céspede da Cidade Deportiva a partir das 10:30 horas.