RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor xa coñece aos seus rivais no grupo 1º de Primera RFEF 2022-2023

A Real Federación Española de Fútbol estableceu hoxe luns a composición dos dous grupos de Primera RFEF para o curso futbolístico 2022-2023.

Os corenta clubs participantes foron quen decidiron como quedan configurados os dous grupos, mediante unha votación telemática realizada esta mesma tarde.

O sistema de competición volverá establecerse a través de dous grupos de vinte equipos cada un, en formato ligueiro a ida e volta e con senllos postos de ascenso directo reservados para os campións de cada un dos dous grupos.

O RC Deportivo quedou integrado no grupo 1° cos clubs galegos (Racing de Ferrol, Pontevedra CF e RC Celta B); castelán-leoneses (CyD Leonesa e Unionistas de Salamanca CF); madrileños (AD Alcorcón, CF Fuenlabrada, CF Rayo Majadahonda, DUX Internacional de Madrid, Real Madrid Castilla e UD San Sebastián de los Reyes); estremeños (AD Mérida e CD Badajoz); andaluces (Algeciras CF, Córdoba CF, Linares Deportivo, RB Linense e San Fernando CDI); ademais do AD Ceuta FC.

A composición do grupo ten carácter provisional á espera da inscrición definitiva dos equipos.