RCD / NOVAS

O Dépor xa coñece os horarios de todos os seus partidos até Nadal

09/11/2017 17:46

LaLiga fixo públicos os horarios da 14ª e 15ª xornadas de LaLiga Santander 2017-2018, así como do partido de volta dos dezaseisavos de final da Copa do Rei, co que o Dépor xa coñece todo o seu calendario até Nadal.

O encontro de volta da eliminatoria copeira, fronte á UD Las Palmas no Estadio de Gran Canaria, disputarase o mércores 29 de novembro ás 21:30 hora peninsular.

O partido da 14ª xornada ligueira fronte ao Sevilla no estadio Ramón Sánchez Pizjuán terá lugar o sábado 2 de decembro ás 18:30 horas.

O sábado seguinte, 9 de decembro, e no mesmo horario, o Deportivo recibirá ao Leganés no Estadio ABANCA-RIAZOR, en choque correspondente á 15ª xornada do campionato.

Os tres encontros serán televisados por Bein LaLiga.

Os horarios dos próximos partidos oficiais xa confirmados do Dépor son:

Xornada 12
Domingo 19 de novembro, 12:00 horas, La Rosaleda, Málaga - Deportivo (Bein LaLiga)

Xornada 13
Domingo 26 de novembro, 12:00 horas, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo - Athletic Club (Bein LaLiga)

Copa do Rei (1/16 de final, volta)
Mércores 29 de novembro, 21:30 horas, Estadio de Gran Canaria, Las Palmas - Deportivo (Bein LaLiga)

Xornada 14
Sábado 2 de decembro, 18:30 horas, Ramón Sánchez Pizjuán, Sevilla - Deportivo (Bein LaLiga)

 

Xornada 15
Sábado 9 de decembro, 18:30 horas, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo - Leganés (Bein LaLiga)

 

Xornada 16
Domingo 17 de decembro, 20:45 horas, Camp Nou, Barcelona - Deportivo (Movistar Partidazo)

Xornada 17
Sábado 23 de decembro, 18:30 horas, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo - Celta (Gol)