RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor Xuvenil, finalista da Copa de Campións

O Deportivo Xuvenil segue facendo historia após levar a liga e con iso gañarse a participación na Copa de Campións, onde se impuxo á UD Las Palmas a dobre encontro e hoxe, a partido único, en sede unificada, ao sete veces campión da competición: o Real Madrid CF.

O partido comezou con incidencia pola lesión no quecemento de Jairo que, con molestias no xemelgo, deixou o seu sitio a Mario. Na primeira parte o dominio foi dun Real Madrid ao que o Deportivo esperou moi ben situado atrás tentando saír á contra. As ocasións tardaron en producirse, e o descanso púidose chegar con marcador con goles por ambos os lados. Pero o acerto púxoo a balón parado o Deportivo nun corner que peiteou Mario ao segundo pau, onde apareceu Fito para rematar de cabeza con toda a intención, facendo a vaselina xusta para que non alcanzase o balón o porteiro madridista.

A segunda parte foi un asedio branco a un Dépor que deu outros 45 minutos de lección defensiva, unida a unha brillante actuación de Brais Suárez que salvou varias ocasións clarísimas e todas as demais chegadas do Real Madrid á área.

Co gol de Fito, un esforzo titánico que xa pasa factura física aos xogadores branquiazuis, calidade e preparación táctica, o Deportivo conseguiu garantirse, como pouco, o subcampionato de España. Agora o Dépor espera rival da segunda semifinal entre FC Barcelona e Málaga CF. O gañador enfrontarase ao equipo dirixido por Óscar Gilsanz o domingo ás 12.00 h. no campo principal do Marbella Football Center coa Televisión de Galicia, a través da súa emisión por televisión (TVG 2) ademais das plataformas online da RFEF: www.rfef.es, en directo.

RC Deportivo: Brais, Trilli, Guille, Fito, Barcia, Brais, Víctor, Mario, Noel, Nájera e Mella. Tamén xogaron Padín, Raúl e Do Carmo

Goles: 1-0 Fito (min. 44)