RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O DéporCampus Cabreiroá 2021 entra na súa recta final con máis de 1.200 participantes no que vai de verán

O DéporCampus Cabreiroá 2021 entra na súa recta final coa penúltima semana de actividade nunha única sede, Abegondo.

Até o venres 30 de xullo 125 nenos e nenas gozarán do seu deporte favorito na Cidade Deportiva branquiazul, moi pretiño dos seus ídolos.

Por outra banda, está aberta até o vindeiro xoves 29 ás 12:00 a inscrición para a sexta quenda en Abegondo, co que se pon o punto e final a esta actividade xa tradicional no verán deportivo galego e que en 2021 alcanza xa os 1.206 alumnos. Todo un éxito organizativo do Club e da Fundación RC Deportivo, que repartiron así deportivismo por toda Galicia, en sedes como Cuntis, Zas, Silleda, Monforte, Bertamiráns, Caranza, Boiro, Ourense, Terras de Maside, Cee, Arteixo e Viveiro; ademais do Dépor Soccer Camp en Virginia (Estados Unidos).

Aquí podes ver as fotos da sede de Abegondo e nesta ligazón as imaxes doutras sedes.

Os interesados poden consultar toda a información nesta ligazón. Para calquera consulta acerca da súa inscrición ou aclaración poden contactar coa organización en deporcampus@rcdeportivo.es.