RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O DéporCampus Cabreiroá das Pontes estrearase o próximo 17 de xullo

O Concello das Pontes foi o escenario no que se presentou un dos novos DéporCampus Cabreiroá que terán lugar no verán de 2017, o que se celebrará no citado concello da provincia coruñesa grazas ao acordo de colaboración entre o RC Deportivo, o CD As Pontes e o consistorio local.

O das Pontes é un do catro novos DéporCampus Cabreiroá, xunto aos de Zas, Santiago e Ordes. As datas da única quenda que terá lugar neste concello son do 17 ao 21 de xullo. A Cidade Deportiva do Poblado, na capital do municipio, será a sede deste DéporCampus Cabreiroá, cuxas inscricións están abertas a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos e poderán realizarse ata o mediodía do xoves 13 de xullo.

Na fotografía superior, os participantes no acto de presentación. De esquerda a dereita: Tino Fernández (Presidente do RC Deportivo), Montserrat García (Tenente de Alcalde das Pontes), Xaime Castro (Presidente do CD As Pontes), Chicho Tembrás (Concelleiro de Deportes das Pontes), Enrique Calvete (Conselleiro do RC Deportivo), José Barcala (Responsable de Metodoloxía do RC Deportivo) e Pablo Barros (Director do Campus).

Podes atopar toda a información dos DéporCampus Cabreiroá en deporcampus.rcdeportivo.es/gl