O #DéporCampus Cabreiroá de Nadal de Sada terá lugar do 28 ao 30 de decembro. Inscricións abertas até o día 24
O campo de fútbol municipal As Mariñas de Sada acolleu a presentación do DéporCampus Cabreiroá de Nadal que acollerá a localidade coruñesa na última semana de 2020.
O acto tivo lugar coa presenza de Manuel García Duro, presidente do Sada CF, e Pablo Barros, coordinador das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.
A actividade desenvolverase durante os días 28, 29 e 30 de decembro. Nela poderán participar para nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos. As inscricións xa se atopan abertas en deporcampus.rcdeportivo.es/glaté o mediodía do próximo xoves 24 de decembro. Nesa mesma dirección atópase toda a información relativa ao DéporCampus Cabreiroá de Nadal 2020 en Sada, e tamén da outra sede, Alvedro.