RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O DéporCampus Cabreiroá de Rianxo arrancará o 17 de xullo

O Concello de Rianxo acolleu a presentación do DéporCampus Cabreiroá de Rianxo, que por terceiro ano consecutivo será realidade grazas ao acordo de colaboración entre o RC Deportivo, o CD Unión e o consistorio local.

Tras estrearse no ano 2015, Rianxo acollerá a terceira edición do seu DéporCampus Cabreiroá. As datas da única quenda que terá lugar neste concello son do 17 ao 21 de xullo. O Campo Municipal de Vilas, na localidade de Rianxo, será a sede deste DéporCampus Cabreiroá, cuxas inscricións están abertas a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos e poderán realizarse ata o mediodía do xoves 13 de xullo.

Na fotografía superior, os participantes no acto de presentación. De esquerda a dereita: Elkin Flórez (Coordinador do Campus), José Barcala (Responsable de Metodoloxía do RC Deportivo), Adolfo Muiños (Alcalde de Rianxo) e Samir Sami (presidente do CD Unión).

Podes atopar toda a información dos DéporCampus Cabreiroá en deporcampus.rcdeportivo.es/gl