RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O deportivismo pon rumbo aos 26.000 socios

Ao peche da segunda xornada da semana na OAD, o RC Deportivo alcanza unha cifra moi próxima aos 26.000 socios.

A Oficina de Atención ao Deportivista botou o peche esta tarde cun total 25.771 abonados, a pouco máis de 200 do seguinte fito.

Reserva a túa cita se queres facerche novo socio do RC Deportivo. O horario entre semana da OAD é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, os afeccionados teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera deportivista pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxina abonos.rcdeportivo.es/gl.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden poñerse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.