RCD / NOVAS

O deportivista Antonio Barragán opta ao premio ao mellor futbolista español Sub-21

O xogador do Deportivo Antonio Barragán é un dos candidatos ao mellor futbolista español Sub-21, "Premio Fútbol Draft 07", segundo recolle na súa edición o diario deportivo Marca. Entre os competidores de Barragán están Sergio Ramos, Raúl García ou o azulgrana Bojan, entre outros.

01/05/2007 12:54

Barragán chegou esta tempada procedente do Liverpool. Anotou xa dous goles en Primeira División, ante a Real Sociedade e o Xetafe, e é o actual campión de Europa Sub-19 coa Selección Española. Entre o deportivismo, Barragán calou xa fondo. Ten unha pena deportivista co seu nome, na súa vila natal, Pontedeume, e recentemente acaba de estrear un Club de Fans.
Na lista inicial tamén figuraba o porteiro do Dépor B Fabricio e o dianteiro Xisco, cedido esta tempada na Veciñanza.

Máis novas de: BARRAGAN

RCD / Noticias Relacionadas