RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O deportivista Pablo García Taboada foi titular na selección española sub-15 no contundente triunfo ante Polonia

- Foto: @SEFutbol -

Pablo García Taboada, lateral do Cadete de División de Honra, está concentrado coa selección española sub-15 con motivo dun dobre amigable ante Polonia, ambos no Estadio Guillermo Amor de Benidorm.

Hoxe martes 31 de xaneiro, os españois derrotaron aos polacos (3-0), nun partido no que Pablo García (na foto co dorsal 2) foi titular. O futbolista coruñés foi relevado no minuto 68, co choque xa sentenciado, por José Manuel Ortega.

A selección española fundamentou este triunfo na súa firmeza defensiva, co que a portería hispana quedou sen encaixar; e a súa eficacia en ataque.

A próxima cita de Pablo García ante Polonia será no mesmo escenario, o Estadio Guillermo Amor de Benidorm, este xoves 2 de febreiro ás 11:00 horas.

O calendario de partidos da selección española sub-15 é o seguinte:

Martes 31 de xaneiro
ESPAÑA 3 - POLONIA 0

Xoves 2 de febreiro
11:00: ESPAÑA - POLONIA, no Estadio Guillermo Amor (Benidorm)

Ese mesmo xoves, o canteirán branquiazul emprenderá viaxe de regreso á Coruña.

O pasado mes de decembro, Pablo García xa disputou coa selección española sub-15 o torneo Football Federations Cup, competición que xogou esta temporada tamén outro cadete branquiazul, José Rey, neste caso coa sub-16.

Kevin Sánchez e Manu Berrocal, ambos coa sub-18 masculina; e Elena Vázquez coa sub-17 feminina foron outros membros de #ANOSACANTEIRA citados nesta temporada polas categorías inferiores de España.