RCD / NOVAS

O deportivista Trilli viaxa hoxe luns a Austria coa selección española sub-16

03/06/2019 19:27

Foto: - @SEFutbol -

O defensa deportivista Álvaro Pérez Campo 'Trilli' desprázase esta mañá coa selección española sub-16 á localidade de Enzesfeld - Lindabrunn (Austria), para disputar dous encontros amigables.

Mañá martes 4, o choque entre austriacos e españois xogarase ás 19:00 en Rohrbach an der Gölsen; e o xoves 6, a partir das 12:30 na localidade de Enzesfeld - Lindabrunn.

Tanto Trilli como o seu compañeiro no Cadete A de División de Honra Hugo Novoa xa participaron con España esta temporada na última edición da Copa Aegean en Esmirna (Turquía).

Presenza habitual en Las Rozas esta temporada

Esta campaña, ademais de Hugo Novoa e Trilli, foron citados os seguintes canteiráns deportivistas para diferentes categorías da selección española:

- Mujaid (central do Fabril): Xogos do Mediterráneo coa sub-19

- Juan Rodríguez Lima (central do Xuvenil B) e Íker Pedra Branco (porteiro do Xuvenil B): Adestramentos coa sub-17 e amigable ante Italia o primeiro deles

- Sergio Bernárdez (centrocampista do San Tirso SD): Sportchain AGS Cup e Torneo Pinatar Area coa sub-15

- Hugo Novoa (atacante do Cadete A): Copa Aegen en Esmirna (Turquía) e Torneo Desenvolvemento UEFA en Belgrado

Por conseguinte, a factoría de Abegondo aos poucos vaise convertendo nun referente para os diferentes seleccionadores nacionais.