RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA adianta ás 12:00 horas do domingo o seu partido ligueiro ante o CF Vimenor

O Deportivo ABANCA regresa esta semana á competición ligueira, posto que o domingo 29 de outubro, o equipo branquiazul recibe en Ponte dos Brozos (Arteixo) ao CF Vimenor.

Nun principio o encontro fixouse para as 17:00 horas, pero finalmente adiántase ás 12:00. O choque pertence á 7ª xornada no grupo 1º de Segunda División Nacional.

Os socios deportivistas teñen libre acceso ao recinto arteixán. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Manu Sánchez, técnico do Deportivo ABANCA, planificou unha semana con catro adestramentos, segundo este calendario:

Luns 23 de outubro
Descanso

Martes 24 de outubro
20:30: Adestramento en Abegondo

Mércores 25 de outubro
20:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 26 de outubro
20:30: Adestramento en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Venres 27 de outubro
19:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 28 de outubro
Descanso

Domingo 29 de outubro
12:00: Deportivo ABANCA - CF Vimenor en Ponte dos Brozos (Arteixo)

O Deportivo ABANCA é líder con 18 puntos de 18 posibles, igualado a puntos co Oviedo Moderno, que ten peor diferencia de goles: +32 as deportivistas por +27 as ovetenses.